Fran Godón seleccionado
polo INAEM
no III Programa de Desarrollo de Dramaturgias Actuales
co proxecto SUBTERRÁNEA
Tras licenciarse en filoloxía galega na
USC, Fran compaxina a formación filolóxica posterior (filoloxía románica e filoloxía hispánica) coa teatral. Gradúase como Especialista
en Arte Dramática na mesma universidade
e comeza a interesarse de maneira cada vez máis activa pola interpretación
sendo seleccionado no ano 2003 para participar na montaxe de Hamlet da Aula de Teatro da USC. No 2004
entra a formar parte do elenco da obra O
asasino sorrinte de Teatro no Aramio coa que gañan o 2º premio do certame
NaVangarda e coa que se estabiliza o grupo de traballo. Participa
como intérprete nesta e noutras compañías. Comeza a interesarse pola creación
escenográfica e a iluminación e realizará deseños para TNA e outros grupos.
Fran compaxina estas actividades con traballos variados ata que comeza a
exercer como docente de lingua e literatura galega, a súa profesión actual. No
2007 decide dar luz ó seu primeiro traballo de dirección: A última balada, adaptación dun poemario de Oscar Wilde, que se
estrea no Salón Teatro de Santiago de Compostela en maio dese ano. Nel pretende
poñer en práctica un traballo de produción creativa que foi trazando a través
das súas propias experiencias, formación, lecturas, etc…
Tras un ano 2008 no que se centrou máis
na aprendizaxe e creación en soporte audiovisual, no 2009 decide volver dirixir
e elixe para facelo un texto propio sobre o que configurar un grupo de traballo
totalmente renovado: Memoria de Ut. A
partir de aí é responsable (director e autor) de toda a actividade de TNA (Divertimento, Cinza, formación), do TIT e de UT·Tópico Teatro (Baile de Sombras, Faust·Box e o proxecto aberto Ulrike desafinada) ata a actualidade.
En 2013 xorde Nó Teatro e gaña o VIII Premio Abrente para textos teatrais que convoca a Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia.
Pódense revisa-los seus traballos nas pestanas superiores.
En 2013 xorde Nó Teatro e gaña o VIII Premio Abrente para textos teatrais que convoca a Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia.
Pódense revisa-los seus traballos nas pestanas superiores.